Monday 01 de July de 2024

Camión envorcado na N-VI ao seu paso polo concello de Coirós


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 13:00 horas deste mediodía dunha incidencia que involucrou a un camión na estrada N-VI, á altura do punto quilométrico 570, ao paso da vía polo concello de Coirós.

O vehículo saíuse da vía e envorcou e o seu condutor foi liberado polas persoas que transitaban a vía. Os bombeiros encargáronse da limpeza dun vertido de combustible sobre a estrada.